lunes, 28 de marzo de 2022

AZUL ES PEREGRINO

Hoxe o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nun contacontos en lingua de signos. Despois, aprendimos algúns dos signos que aparecían no conto.

Por último, agasalláronnos un abecedario dactilolóxico a cada un e fixemos unha sopa de letras. 

Foi moi divertido!








martes, 22 de marzo de 2022

22 DE MARZO, DÍA DA AUGA

O día da auga elaboramos co alumnado carteis con lemas relacionados coa importancia de facer un  consumo responsable da auga do noso planeta.

Aquí tedes unha pequena mostra do chulos que quedaron.







domingo, 20 de marzo de 2022

QUE RICOS OS SMOOTHIES

Como sabedes, o coidado da saúde é un tema transversal ao que prestamos especial atención dende todas as áreas do currículo.

En clase de inglés, o alumnado de 4º de primaria, despois de traballar o vocabulario sobre os alimentos escribiron receitas saudables e elaboraron uns riquísimos smoothies. 

















viernes, 18 de marzo de 2022

CHARLA DE DAVID GONZÁLEZ

Hoxe tivemos o pracer de contar con David González, papá de Vera e de Mía, para falarnos da súa experiencia como preparador físico da selección española de fútbol sala. Ademáis, falounos da importancia de ter unha boa alimentación, de beber auga, descansar ben e de ter unha boa hixiene corporal.

Moitas grazas David por adicarnos o teu tempo e ofrecernos unha charla tan interesante!





     

lunes, 14 de marzo de 2022

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

Ante a durísima situación que está a sufrir o pobo ucraíno, decidimos aportar o noso graíño de area e facer unha recollida solidaria de alimentos e produtos de primeira necesidade. Como agradecemento á colaboración do alumnado, decidimos agasallalos con libros que expurgamos neste curso da biblio. 
Así aproveitamos e dámoslle unha segunda vida aos libros!

 






 

Moitas grazas familias pola vosa participación nesta iniciativa!

lunes, 7 de marzo de 2022

MULLERES GALEGAS DA HISTORIA

Hoxe celebramos o día da muller traballadora e para iso queremos propoñervos unha serie de tarefas para que poñades cara a unha morea de mulleres galegas que deberían ser recoñecedas polos seus logros.

 

Na seguinte ligazón atoparedes Unidades Didácticas para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais galegas: http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aprende-coas-mulleres-galegas

MÓVETE MÁIS, MANTENTE SAN



Estamos moi ilusionados de compartir con toda a comunidade educativa o novo blogue do centro! Na parte superior dereita deste blogue tedes a icona que vos levará a él.

Alí atoparedes retos que podedes facer en familia, as actividades que realizamos no cole relacionados co coidado e a vida saudable, información de interese sobre o tema,...

Esperamos que resulte do voso interese!!