viernes, 21 de diciembre de 2018

RECOMENDADOS DE NADAL

Un ano máis deixámosvos unha pequena selección de libros recomendados.
Recordade que os tedes á vosa disposicón na mesa da entrada do colexio.
Aproveitamos para desexarvos boas festas!!


jueves, 20 de diciembre de 2018

DENDE BIBLIORAMO... FELICES FESTAS!

Dende o equipo de biblioteca do CEIP O Ramo, queremos deserxarvos á toda a comunidade educativa, un bo Nadal e un próspero ano 2019.
Aquí vos esperamos á volta de vacacións, con libros, actividades e moita ilusión.
Deixámosvos cunhas fotos da xincana de Nadal, na que fixemos esta árbore de post it tan chula!










BOAS FESTAS!!

lunes, 17 de diciembre de 2018

VISITA Á GALIÑA AZUL DE BARALLOBRE

Hoxe fomos de visita a xunto os pequerrechos da Galiña azul de Barallobre. Levámoslles unha mochila viaxeira para que desfruten duns contiños moi interesantes.
Saray e Martín foron os encargados de explicarlles un pouquiño sobre eles e ademáis, léronlles "La rana Ramona" e "Músicos, dos contiños da ratiña Luisa".
Estiveron moi atentos e cando rematamos, sacamos unhas fotiños con eles.
Ademais, agasalláronnos con dúas boliñas decoradas coas súas mans, que quedan fantásticas na árbore do cole.
Moitas grazas!




domingo, 16 de diciembre de 2018

ENTRE POMPÓN E POMPÓN, DECORAMOS UN MONTÓN

Durante todo este mes, trouxéchedes un montón de pompóns que decorarán a entrada do cole ata finais do inverno.
Hainos de moitas formas, tamaños e materiais (grandes, pequerrechos, de la, de papel...)
Grazas a todos/as por participar, así podemos lucir a nosa entrada ben bonitiña. 
Que opinades? :)





miércoles, 12 de diciembre de 2018

CADA MES, UN CONTO. PRESENTACIÓN E MES DE NOVEMBRO

Durante este curso, dende a biblio imos desenvolver unha actividade chamada "Cada mes, un conto".
Nesta actividade, a cada curso  asignaráselle un mes, no que terán que ler e preparar un "traballiño" sobre un conto relacionado coa temática que eles escollan. Despois, expoñerán ese traballo a outros compañeiros/as.
Ao final do curso, faremos unha exposición con todos os traballos elaborados ao longo do ano.

Comeza a actividade a aula de 3º.
O mes adicado é novembro e o tema que elixiron... "O medo".
Escolleron o libro "OS SQUURM. NIÑEIRA DE MONSTROS". Fixeron un libriño moi chulo en forma de monstro e léronlles a todos os nenos/as de infantil.










Moitas grazas e noraboa aos nenos/as e á profe María. Gran traballo!


domingo, 9 de diciembre de 2018

RECOLLIDA SOLIDARIA

Un ano máis, quixemos aportar o noso graíño de area axudando a aqueles que máis o precisan.
A cambio dos alimentos e da roupa de abrigo doada, agasallamos un marcapáxinas elaborado polo noso alumnado e libros do expurgo realizado na biblio ao comezo deste curso.


Moitas grazas pola vosa colaboración!!


lunes, 3 de diciembre de 2018

ISTO NON É UNHA FOLLA!!

"Isto non é unha folla!!". Baixo este lema plantexámoslle ao alumnado e ás súas familias a elaboración dunha obra creativa a partires dunha folla do outono.
Este foi o magnífico resultado!!












Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!