miércoles, 27 de abril de 2022

HOXE VISITOUNOS O ESCRITOR MIGUEL ANXO ROMERO

Hoxe, grazas á colaboración da ANPA, o alumnado de 3º e 4º de primaria recibiu a visita do escritor Miguel Anxo Romero López.

Xunto a él pasamos un rato moi agradable no que xogamos a ler de distintas maneiras, observamos as ilustracións do seu libro "Voces do tempo" e elaboramos un libro de poemas.








Moitas grazas Miguel Anxo por adicarnos o teu tempo!



martes, 26 de abril de 2022

O CLUBE DE BALONCESTO BAXI VISITA O CENTRO


Hoxe dentro do Proxecto de vida saudable, realizamos a charla do terceiro trimestre para 5º e 6º de primaria. Correu a cargo do clube de baloncesto Baxi de Ferrol. Despois de presentarse e responder a todas as nosas preguntas fixemos unha parte práctica na que o pasamos moi ben.


Moitas grazas chicas por compartir o voso tempo con nós!



APADRIÑAMENTOS LECTORES MAIO 2022

 Hoxe tivemos a sorte de contar cun marabilloso día para celebrar os apadriñamentos lectores.

Aquí tedes un resumo fotográfico da xornada.


domingo, 24 de abril de 2022

OS NOSOS PEQUES RECOMENDAN

Os nosos peques tamén queren facer as súas recomendacións lectoras así que aquí vai un pequeno vídeo cos seus libros favoritos.

                       

sábado, 23 de abril de 2022

ESTE É O NOSO MURAL DO DÍA DO LIBRO

Co motivo do día do libro os nosos peques elaboraron un fermoso mural con frases de diferentes autores que promoven a lectura. 

                                        

Mirade o chulo que quedou!

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe, queremos celebrar o Día do Libro sacando á luz o noso Libro de receitas saludables!



Grazas a Carmen Rivera, a nosa excepcional ilustradora, o noso libro loce esta fermosa portada. 
Moitas grazas polo teu deseño Carmen, non podía gustarnos máis!
A semana que ven, temos unha morea de actividades para seguir coa nosa celebración: os desecados apadriñamentos lectores, un encontro cun autor e un divertido taller de escritura creativa.

Feliz Día do Libro!!!

viernes, 22 de abril de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS E-LBE.2




Hoxe os nosos axudantes de biblioteca recibiron a primeira formación sobre o funcionamento do         E-LBE.2.
E-LBE.2 é un novo servizo que poderán ofrecer as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE. Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións das bibliotecas escolares cun volume inicial de máis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios das bibliotecas escolares.

Esta é a primeira toma de contacto co programa que esperamos ir achegando ao resto da comunidade      educativa pouco a pouco.


viernes, 8 de abril de 2022

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA PAIS E NAIS!!




Hoxe, por fin, poñemos en funcionamento tres mochilas viaxeiras pensadas para pais e nais.

A proposta está tendo moi boa acollida entre as familias así  que esperamos que o seu contido das mochilas sexa do voso interese.

Xa temos reservas para tres quendas!!

Moitas grazas por formar parte dos proxectos do cole!!

lunes, 4 de abril de 2022

CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA AS FAMILIAS



 Ola familias!

Como consideramos que a educación dos vosos fillos é unha tarefa conxunta, queremos facervos partícipes dos nosos proxectos e poñer á vosa disposición unha serie de libros relacionados co desenvolvemento dos nenos, disciplina positiva, a práctica de mindfulness e o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.

Todos os que esteades interesados deberedes solicitala no correo rbcblancocarpente@gmail.com

Para o préstamo seguiremos a orde de solicitude.

Animádevos!!