Nunha entrada anterior, colgamos fotos sobre a exposición de cabazas e o seu proceso de elaboración pero...
Faltan as fotos do magosto e das carrilanas!!!
Aquí vos van!!
jueves, 30 de octubre de 2014
lunes, 27 de octubre de 2014
A NOSA BIBLIO NO SAMAÍN
Tamén aproveitamos estas datas para transformar a nosa biblio nunha sala de cine e ver a peli Monster House. Moi atentos porque despois traballaremos sobre ela!
Por último, dicirvos que se queredes aprender cousas sobre o Samaín picade no seguinte enlace. Seguro que descubrides moitas curiosidades.
Samaín
UN SAMAÍN DE MEDO
Onte festexamos o Samain. Iniciamos o día coa visita á exposición de cabazas, previamente elaboradas polos alumnos nas aulas. Que medo!! Para chegar a ela tiñamos que pasar por un túnel terrorífico!!
Despois, continuamos a mañá con xogos populares e coa degustación de castañas. Por último, rematamos a festa coas desexadas carrilanas.
O día estivo xenial!!
Aquí vos vai unha canción con moito ritmo de Paco Nogueiras recollida no CD Brinca vai!

ANDAINA AO FORGOSELO
O pasado luns, fomos de andaina ao Forgoselo con todo o alumnado de primaria. O obxectivo desta actividade, ademáis de pasar un día en contacto coa natureza era recoller cogomelos, identificalos e logo facer unha exposición con eles no cole.
Inicialmente, o profe Xoán, que é o noso experto en cogomelos, deunos unha charla moi interesante sobre os diferentes tipos que poderiamos atopar, os que son velenosos,...
Aínda que acabamos un pouco cansos o día estivo xenial. O tempo acompañou e atopamos exemplares do máis variado. Aquí vos vai unha selección de fotos deste día.

jueves, 9 de octubre de 2014
OS CESTOS TEMÁTICOS
Por fin, o día 1 de outubro repartimos os cestos temáticos por todas as aulas. O seu contido está relacionado principalmente co outono e co Samaín. A próxima entrega será no mes de decembro. Esperamos que vos gusten!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)