martes, 21 de diciembre de 2021

RECOMENDADOS DE NADAL 2021

 Chega o nadal e queremos aproveitar para facervos algunhas recomendacións lectoras.

Para ver os trípticos en grande debedes clicar sobre a imaxe.

PARA OS PEQUES DE EDUCACIÓN INFANTIL...



PARA OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA...



PARA OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º...



E POR ÚLTIMO, PARA OS MAIORES DO COLE, PARA 5º E 6º DE PRIMARIA...




Aproveitamos para desexarvos boas festas!!



lunes, 20 de diciembre de 2021

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 Este ano retomamos o noso tradicional concurso de postais de nadal.

Quedaron todas moi chulas e aínda que foi moi difícil decantarnos por cal sería a gañadora, finalmente escollimos esta dos máis pequerrechos.




A que é moi bonita?

Como nos gusta tanto empregarémola de portada nos nosos trípticos de recomendados de nadal.

Esperamos que vos guste!!

domingo, 19 de diciembre de 2021

LECTURA DE "ALGO MÁS"

 


Para rematar o trimestre, quixemos compartir co noso alumnado a lectura do libro "Algo más" de Gabriela Rubio Márquez.

Con él tratamos de reflexionar sobre o consumismo destas datas así como a importancia de empregar a imaxinación e de ser creativos á hora de xogar e de pasalo ben.

miércoles, 15 de diciembre de 2021

CHARLA PARA AS FAMILIAS






Hoxe fixemos a primeira charla sobre alimentación saudable para as familias.

A relatora foi Ana María Martínez, médico experta en promoción da saúde. Traballa no Departamento de Estilos de Vida Saudable da Consellería de Sanidade e é responsable do Plan Proxecta Aliméntate Ben. 

É todo un referente no ámbito da alimentación saudable!!

viernes, 10 de diciembre de 2021

Toupiciencia. A xanela do maxín

 A continuación deixámosvos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

Esta iniciativa realizada por A Xanela do maXín e ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez, Xurxo Mariño ou Jorge Mira, entre outros.

Esperamos que vos guste!!



jueves, 9 de diciembre de 2021

CHARLA DANIEL PORTOMEÑE


Neste trimestre tivemos a sorte de contar con Daniel Portomeñe, un antigo alumno do centro que nos veu a falar sobre a importancia do deporte e do coidado da alimentación. 








viernes, 3 de diciembre de 2021

"Superniños", unha maneira diferente de entender a diversidade

 Hoxe, co motivo da celebración do Día Internacional da Discapacidade, os nenos de 3º e 4º leron aos máis peques o libro "Superniños".

Este álbume ilustrado pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia hacia os nenos e nenas con diversidade funcional. 

Para os maiores tiñamos previsto a visita de ASPACE, unha asociación de Parálise Cerebral, pero debido ao empeoramento da situación sanitaria tivemos que aprazalo.

Unha mágoa, pero retomarémola tan pronto se poida. Porque traballar a inclusión e o gran valor da diversidade é algo que hai que traballar todo o ano!