viernes, 10 de diciembre de 2021

Toupiciencia. A xanela do maxín

 A continuación deixámosvos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

Esta iniciativa realizada por A Xanela do maXín e ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez, Xurxo Mariño ou Jorge Mira, entre outros.

Esperamos que vos guste!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario