lunes, 29 de septiembre de 2014

FESTA DA BENVIDA

O venres pasado celebramos a nosa tradicional "Festa da benvida". É a primeira toma de contacto con toda a comunidade educativa e unha ocasión excepcional para traballar as froitas do outono.
Grazas á colaboración das familias, puidemos facer unha exposición na entrada do colexio con froitas típicas desta estación. Ademáis, a partires das 13:00 pasámolo moi ben cos xogos tradicionais e por último puxémonos as botas co concurso de sobremesas.  Vai pinta que tiñan todas elas!! Que ricas!!!

O gañador deste ano foi Mario. Parabéns !!

Queremos aproveitar para agradecer a todas as familias a súa colaboración tanto para a exposición como no concurso de sobremesas.

Aquí vos vai un resumo do día.

lunes, 22 de septiembre de 2014

BIBLIOMÓBIL



Os nosos libros están desexando saír da biblioteca!! Queren ir ao patio cos máis peques do cole, ás clases dos máis maiores e a todas as casas a coñecer caras novas.
Con ese obxectivo xa puxemos en funcionamento a bibliomóbil que acompañará aos máis peques no tempo de lecer. Tamén comezarán esta semana a circular polas aulas os nosos tradicionais cestos temáticos. Ademáis, dentro de moi pouquiño comezaremos coas mochilas viaxeiras.

MESA DE NOVIDADES





Se queredes ver as novas adquisicións da biblio,  temos na entrada do cole a mesa de novidades.
A temática é variada, hai para todos os gustos e todas as idades.
Animádevos a botarlle unha ollada!!


miércoles, 10 de septiembre de 2014

PREPARADOS, LISTOS,....COMEZAMOS!!!!

Ola a tod@s!! Hoxe damos comezo a un novo curso.
Estades preparad@s?
Pois nós si!!! Temos moitas propostas e novas actividades coas que seguro que o imos pasar moi ben e coas que aprenderemos unha morea de cousas!

EMPEZA A CONTA ATRÁS RAPACES E RAPAZAS!!
ASÍ QUE, PREPARADOS, LIST@S,... COOOMEZAMOS!!