Os nosos libros están desexando saír da biblioteca!! Queren ir ao patio cos máis peques do cole, ás clases dos máis maiores e a todas as casas a coñecer caras novas.
Con ese obxectivo xa puxemos en funcionamento a bibliomóbil que acompañará aos máis peques no tempo de lecer. Tamén comezarán esta semana a circular polas aulas os nosos tradicionais cestos temáticos. Ademáis, dentro de moi pouquiño comezaremos coas mochilas viaxeiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario