O venres pasado celebramos a nosa tradicional "Festa da benvida". É a primeira toma de contacto con toda a comunidade educativa e unha ocasión excepcional para traballar as froitas do outono.
Grazas á colaboración das familias, puidemos facer unha exposición na entrada do colexio con froitas típicas desta estación. Ademáis, a partires das 13:00 pasámolo moi ben cos xogos tradicionais e por último puxémonos as botas co concurso de sobremesas. Vai pinta que tiñan todas elas!! Que ricas!!!
O gañador deste ano foi Mario. Parabéns !!
Queremos aproveitar para agradecer a todas as familias a súa colaboración tanto para a exposición como no concurso de sobremesas.
Aquí vos vai un resumo do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario