lunes, 25 de enero de 2021

COMEZAMOS A SEMANA DO "APADRIÑAMENTO LECTOR DA PAZ"

Hoxe comezamos unha actividade que sempre nos gusta moito. "Os apadriñamentos lectores".

Esta vez é un pouco distinto pola situación na que estamos pero dende a biblio propuxemos a idea con toda a ilusión esperando que os pequechos/as disfruten como sempre.

Como non podemos mesturarnos, o que fixemos foi gravar vídeos por aulas (algúns contaron un conto entre todos, outros contaron varios...) que se verán durante esta semana, na hora de ler.

Xa vos ensinamos hai uns días un adianto dun dos contos... 

Outro exemplo presentámolo de seguido. Esta vez, preparado por parte dos nenos de 4º de educación Primaria.

Parabéns rapaces por todo o traballo!!!!!

Con todos vós... "A espada pacifista" 





viernes, 22 de enero de 2021

TÍTERES: CONTO "MARTÍN GRIS" 👤

Nestes días e coincidindo coa cercanía do día da Paz, dende a biblio propuxemos un "Apadriñamento lector pacífico" no que estamos traballando libros non só sobre Paz, senón sobre todos aqueles valores fundamentais para convivir en sociedade e ser mellores persoas.

Nos próximos días, teredes fotiños sobre esta actividade tan chula e que tanto nos gusta a tod@s. Será un pouco diferente pero esperamos que a disfruten igual!

Hai traballos marabillosos, como o que fixeron estas nenas de 3º. Levan días traballando arreo con moitísima ilusión e non menos esforzo. Fixeron o teatro, as personaxes...

Non podemos por menos que darlles a NORABOA polo grandísimo traballo que fixeron.

MOITOS PARABÉNS RAPAZAS!!!

Con todos vostedes... MARTÍN GRIS!!


https://static.serlogal.com/imagenes_big/9788494/978849444122.JPG

lunes, 18 de enero de 2021

MESA TEMÁTICA DE XANEIRO/FEBREIRO: OS VALORES 💙💚💛💜

Este ano, pese á situación difícil que estamos a vivir, comezámolo con moito agarimo, moita ilusión e moitas ganas de compartir convosco os nosos libros.  
Dende a biblio queremos ensinarvos algúns  que recomendamos porque traballan valores moi importantes para a nosa vida e por suposto, para a nosa escola.
Falamos, entre outros, da paz, a igualdade, a solidariedade, a amizade, o amor... e todos aqueles valores que non axudan a ser mellor persoas, a vivir en sociedade e  facer un mundo mellor cada día.
esperamos que vos guste a nosa selección e xa sabedes que na biblio temos estes e moitos máis libros de todas as temáticas.
 

 
- Rosa caramelo (Adela Turín) Edit: Kalandraka

- Te quiero casi siempre (Anna Llenas) Edit: Planeta

- Pequeños mundos ( Geraldine Collet) Edit: Juventud

- Max y el pájaro (Ed Vere) Edit: Juventud

- Oliver Button é unha nena (Tomie DePaola) Edit: Kalandraka

- El país de las pulgas (Beatrice Alemagna) Edit: Phaidon

- Os vestidos de mamá (Mónica Carretero) Edit: Cuento de luz

-El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa (Patricia Fitti) Edit: Planeta

- Un poco de mal humor (Isabel Carrier) Edit: Juventud

-  A bruxa discordia. Cancións para a paz (Carmen Gil) Edit: Galaxia

- A bruxa enrabechada (Joles Senell) Edit: Baía edicións

- Martín Gris (Zuriñe Aguirre) Edit: CB fun readers

- Nuestros derechos (María Joao Carvalho) Edit: Everest

- Estoy triste, estoy contento (Antonella Abbatiello) Edit: Panini

- Las niñas del mundo (Sara Ruano) Edit: Everest

- Wonder, todos somos especiales (R.J. Palacio) edit: Nube de tinta

- Mellor falar que pelexar  (Carmina del Río) Edit: Baía edicións

- Tres iguais (Marta Rivera Ferner) edit: Everest

- Teño dereitos (Miguel Robledo) Edit: Follas voadoras

- Nelson Mandela (África Fanlo) Edit: Parramón

- Teresa de Calcuta (Carmen Gil) Edit: Parramón

- Gandhi  (Lara Toro) Edit: Parramón

- Pandillas rivales (Javier Malpica) Edit: SM