miércoles, 24 de febrero de 2021

jueves, 18 de febrero de 2021

Booktuber Octavio recomenda...

 

Hoxe Octavio recoméndanos... A GALIÑA!

Grazas, Octavio!! 👏📖😊 

Aquí podedes ver a súa opinión:



Experimento en proceso...

 Algo andamos a argallar na biblio... Mañá comenzaremos cun experimento que durará 6 recreos (para que todos os cursos que pasan recreos na biblio poidan facelo) 

Que será? Que será?...

Anímate a descubrilo!! 




domingo, 14 de febrero de 2021

O AMOR EN FRASES DE CANCIÓNS 💚🎶💙

Co motivo do "día do amor", os nenos/as de 5º e 6º analizamos as mensaxes que nos transmiten as letras das cancións de amor.

Tiñamos varias tarxetas con frases sacadas de cancións de amor.

Tiñamos tamén dous papeis, un verde (no que puxemos as frases que consideramos que tiñan unha mensaxe positiva) e un vermello (no que puxemos as frases que consideramos negativas)

Falamos sobre as frases específicas das cancións, entendendo que aínda que as mensaxes deses fragmentos fosen "positivas" ou "negativas" segundo cada opinión, non tiña nada que ver con que a mensaxe da canción en xeral estivese mal ou que fose unha mala canción musicalmente falando.

Fixemos moitas reflexións, entendendo que a música é un medio de expresión de sentimentos e emocións, que é posible sentirse identificado con calquera desas mensaxes en determinados momentos. 

Analizamos como poderiamos cambiar as frases das canción para que fosen positivas en vez de negativas e saíron reflexións moi chulas como por exemplo: unha frase que na canción orixinal dicía: Nací para amarTE cada día de mi vida, a nosa reflexión foi que a frase en positivo sería "Nací para amarME cada día de mi vida!

Ao final, quedou así de bonito: 💚🎶💙

 

 

 















viernes, 12 de febrero de 2021

8 DE MARZO! MULLERES GALEGAS RELEVANTES 💜💜💜

Como o 11 de febreiro con motivo de "Día da muller e a nena na ciencia" fixemos unha "homenaxe ás mulleres científicas galegas"  e estando  próximo o 8 de marzo "Día da muller"non quixemos deixar pasar a oportunidade de salientar tamén a mulleres da nosa terra que fixeron e están a facer grandes labores dende os seus respectivos ámbitos de traballo.

Aquí tedes só algunhas delas.

Esperamos que o disfrutedes.

miércoles, 10 de febrero de 2021

11 de Febreiro " Día da muller e a nena na ciencia "

 Para conmemorar o "Día da muller e a nena na ciencia" elaboramos esta presentación sobre mulleres científicas galegas. 

Esperamos que o disfrutedes.

martes, 9 de febrero de 2021

MÁIS APADRIÑAMENTOS LECTORES!! Fotos da actividade

 Aquí tedes unhas fotiños que sacaron os titores/as nas súas aulas polo apadriñamento/amadriñamento lector!

Mirade que concentrados están todos!! Aínda que foi un apadriñamento diferente, cremos que aínda así, puideron disfrutalo doutra maneira.

PARABÉNS A TODOS OS LECTORES/AS E TAMÉN A TODOS OS NENOS/AS POR PARTICIPAR!!




















MÁIS APADRIÑAMENTOS LECTORES!! Conto de Daniela e Fátima

Aquí podedes ver  outro exemplo dos contos tan chulos que gravaron os nenos/as para os apadriñamentos lectores...

Neste caso temos a Daniela e Fátima de 5º contando "Pequenos mundos" 

PARABÉNS  a todos os nenos/as , tanto de 5º como dos demais cursos por participar nos contos!!!

Nos próximos días poñeremos as fotiños do momento do "Apadriñamento"



lunes, 8 de febrero de 2021

2 de Febreiro "A candeloria ou voda dos paxariños" 🐦🐦


Polo mes de febreiro, quixemos achegar aos nenos/as ás tradicións da nosa cultura. Neste caso, traballamos arredor da tradición celta que coincide coa metade do inverno e que se festexa o día 2 de febreiro. É chamada Candeloria ou voda dos paxariños.

É considerada o preludio da chegada da primavera co retorno das aves migratorias que voltan para criar e está conectada cos traballos agrícolas das sementeiras e coa pesca, xa que marca o comezo da navegación a vela tras a tempada invernal, na que os barcos poucas veces tiñan oportunidade de saíren ao mar. Considérase como o preludio da primavera porque aumentan as horas de día e mingua a dureza do frío.

Cos pequenos/as de infantil bailamos, con algúns cursos de primaria traballamos sobre o tema,   a través de refráns, cancións e repartimos aos nenos/as paxariños para adornar (e se querían tamén poñer algunha frase bonita)  e colocar na árbore da entrada do centro.  

Así de xeitosiño quedou: