Pero dende a biblio, queremos seguir festexando días tan importantes como éste.
Por iso, compartimos con vós de novo, dúas obras de teatro que realizamos este curso.
A primeira, chamada "Princesa 2.0, E se non nos gustan as perdices?". Trata sobre a igualdade de xénero e do importante que é romper estereotipos.
Aquí tedes o enlace:
A segunda, é un teatro de sombras dun conto chamado "O nacemento do dragón" onde nos contan por qué o dragón é o animal elixido para representar a paz.
Esperemos que o desfrutedes tanto coma nós!
Unha aperta moi forte e moito ánimo, que xa queda menos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario