Nos recreos da biblio, aproveitando a temática deste mes sobre igualdade, fixemos un experimento social.
Consistía en que un ou varios nenos e unha ou varias nenas tiñan que realizar un mesmo traballo conxuntamente.
Nos primeiros cursos, consistía en clasificar correctamente obxectos propios da biblioteca nos lugares asignados (libros, películas e xogos).
Nos cursos superiores, debían clasificar os libros segundo a CDU correspondente.
* (Non se repetiron os contos, películas ou xogos ata que pasaron o tempo de corentena)
Clasificación para os pequenos |
Clasificación por CDU para os maiores |
Ao finalizar, repartimos lapis para os máis pequenos e marcapáxinas para os máis maiores.
Lapis para os pequenos |
Marcapáxinas magnéticos para os maiores |
Os nenos recibían
máis cantidade que as nenas e este era o comezo das reflexións...
Aquí podedes velas:
Estas son algunhas das reflexións interesantísimas que xurdiron, pero ao final sempre chegamos á mesma conclusión.
“Se todxs facemos o mesmo traballo, todxs debemos levar a mesma recompensa porque todxs somos iguais”
Parabéns nenxs! Sodes excepcionais! Con vós, o futuro estará en moi boas mans!
No hay comentarios:
Publicar un comentario