viernes, 24 de noviembre de 2017

25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día, queremos facer visible o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia. Para iso, elaboramos entre todos un mural no que os máis peques estamparon as súas mans e o alumnado de primaria encheino de post-it nos que convidaban a loitar por un mundo de igualdade, de cidadáns libres e, en definitiva, por un mundo mellor.

Queredes ver o resultado?











Por último, deixámosvos a continuación o traballo levado a cabo por oito alumnas de 3º da ESO do IES de Cacheiras gañadoras do primeiro premio do certame Quero Cantar, promovido pola Deputación da Coruña, co tema “Son muller”.


O grupo, “Máis boas cás patacas”, transmite unha mensaxe reivindicativa sobre a procura da igualdade de xénero fundamentada nos valores de fortaleza, liberdade, resistencia e independencia das mulleres.


Adicádelle uns minutiños, merece a pena.


No hay comentarios:

Publicar un comentario