Máis vale tarde que nunca!! Aquí vos van as fotos da xincana de nadal.
lunes, 12 de enero de 2015
miércoles, 7 de enero de 2015
VISITA DOS REIS MAGOS
O último día de clase, antes de marchar de vacacións, tivemos a visita dos Reis Magos.
Queredes ver as fotos? Aquí vos van.
Queredes ver as fotos? Aquí vos van.
domingo, 21 de diciembre de 2014
UN AGASALLO... UN LIBRO!!
Queremos axudarvos a escribir a carta a Papá Noel e aos Reis así que aquí vos deixamos as nosas lecturas recomendadas.
Aproveitamos tamén para desexarvos a todos unas felices festas.
Aproveitamos tamén para desexarvos a todos unas felices festas.
jueves, 18 de diciembre de 2014
APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES
Hoxe celebramos os primeiros apadriñamentos e amadriñamentos lectores deste curso.
Chega o Nadal e..., que mellor agasallo que poder disfrutar dun conto na compaña doutr@s amiguiñ@s??
martes, 16 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
SEMANA DA DISCAPACIDADE
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas creou os días internacionais para centrar a atención da sociedade nun problema ou aspecto da vida concreto, polo menos por un día. Hoxe, día 3 de decembro, está adicado ás persoas con discapacidade.
A continuación deixámosvos "El cazo de Lorenzo". Este conto trata de explicar aos nen@s o que significa ter discapacidade. Merece a pena pasarse uns minutiños a escoitalo.
viernes, 28 de noviembre de 2014
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
Pola nosa parte, o concello ofreceunos a posibilidade de participar nun concurso sobre esta temática e propúxonos o visionado dunha obra de teatro que se levou a cabo o pasado venres no noso centro. Estivo moi ben xa que a través de moito humor os actores desta obra achegáronnos á terminoloxía relacionada con este tema e xunto a eles puidemos levar a cabo varios experimentos cos que o pasamos moi ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

