Rematou xa este curso tan insólito para todos. Chega o verán e con él, a caloriña, a praia, o tempo libre e... nós, dende a biblio, propoñémosvos diferentes lecturas para este verán. Só nos queda dicir que estamos moi orgullosos de vós e da grande labor que fixestes na casa durante todo este tempo. Queremos agradecervos infinitamente que participásedes nas actividades que vos propuxemos con tanta ilusión. Como xa vos dixemos máis veces, grazas a vós, a biblio ten sentido. UN MILLÓN DE GRAZAS. FELICÍSIMAS E MERECIDÍSIMAS VACACIÓNS!!!! VÉMONOS Á VOLTA!!! 💚 Apertas bibliotecarias.
Na biblio comezamos o día das letras galegas máis estrano que poderiamos imaxinar.
Pero nós, os galegos, se de algo podemos presumir é de saír sempre adiante e así ter construído ao longo dos séculos, unha cultura marabillosa.
Fagamos un repaso comenzando pola xeografía.
Galiza, sempre verde, sempre viva! Os nosos montes, praias, lagos, lagoas, muíños, fervenzas... lugares que nos serven, paradóxicamente, para perdernos e tamén para atoparnos.
A literatura. Qué sería de Galiza sen autores como Ricardo Carballo Calero (ao que se lle adican as letras galegas este ano), Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e outros moitos, que loitaron porque a nosa lingua, a nosa fala, non se esquecese e formase parte do noso patrimonio?
Podemos falar tamén de música. Instrumentos e bailes (pandeireta, tamboril, ferreñas, gaita, muiñeira, foliada, alborada, repichoca...).
A música sempre acompañou aos galegos. Axudounos a sobrelevar o traballo e os malos momentos e tamén a festexar en festas e romarías.
E qué dicir na nosa fala, con palabras marabillosas que enchen o corazón como agarimo, morriña, bolboreta, aperta, bico, ruliña. Con expresións como "e logo?", "e ti, de quen ves sendo? " ou "malo será", que tantas veces utilizamos.
Dende a biblio non queremos deixar pasar a oportunidade de festexar aínda que sexa con lembranzas.
A primeira: Hai un ano, por estas datas, levábamos xa moitos ensaios enriba e tamén moita emoción.
Nenos e nenas de 4º de primaria coa titora Elisa e a mestra de música Yolanda, participamos nun proxecto marabilloso chamado "Un mar de muiñeiras", que tivo lugar en Navantia Ferrol.
Alí, xuntámonos centros de toda a comarca para bailar todos unha muiñeira.
Foi emocionantísimo e por iso, queremos lembralo con vós.
Añadir leyenda
A segunda delas, unha canción artellada na área de música sobre unha
poesía inventada nun obradoiro de poesía que fixemos na biblio.
A
letra, inventada por nós. A música, cantada por nenas de 5º e 6º, é
unha adaptación dunha canción dunha artista galega marabillosa cunha
traxectoria musical máis que coñecida: Mercedes Peón.
Comezamos o mes de maio, mes das flores e mes das letras.🌺🌺📝📝 Sabedes que o 17 de Maio festexamos o "Día das letras galegas" no que cada ano, son adicadas a un escritor galego. Pero... Por que se festexan as "Letras Galegas" ? A quen se lle adican este ano?... Para ir respostando pouquiño a pouco a todas estas preguntas, ímonos mergullar no universo das letras da man da Real Academia Galega.
O primeiro... Cando e por que se festexan as letras galegas? Aquí tedes a resposta...
Hoxe, 2 de abril, é o día mundial da concienciación sobre o autismo. Non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir información sobre o tema con todos vós. Deixámosvos varios recursos que vos axudarán a entender en qué consiste, cómo podemos poñernos no seu lugar, etender o seu día a día... xa que isto é clave para seguir avanzando na convivencia e na inclusión, que é labor de todos/as.
Vídeo informativo: "Cosas asombrosas suceden"
Vantaxes e fortalezas de persoas con síndrome de Asperger.
Dende a páxina Autismo Madrid, remítennos a unha entrada en youtube dun vídeo creado para axudarnos a entender as sensacións que experimenta unha persoa con autismo.
Aquí tedes un vídeo conto orientado para os máis pequenos:
E estes, para un pouco máis maiores e incluso adultos:
Aquí tedes varios contos con pictogramas:
"El oledor explorador"
"La rana pirata"
"Las pelusas se van de casa"
"El dragon chef"
Por último, deixámosvos un xogo auditivo no que terán múltiples temáticas para elixir e deberán adiviñar que está soando. Espero que os disfrutedes:
Remata outro ano e como sempre non podemos facer máis que dar grazas porque sigades un ano máis con nós. Non podemos pedir agasallos porque xa o temos todo.
Mil grazas, Bo Nadal e Boas lecturas.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este Nadal.
O día 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas escolares. 📚📖📕 Xa sabedes que no noso cole, intentamos fomentar a lectura durante todo o ano, pois pensamos que é un recurso excelente para desenvolver moitas capacidades dos nosos pequenos, ademáis de poder vivir aventuras fascinantes, historias de medo e ledicia, contos de risa e de reflexión... Pero neste día particular, decidimos facer un mural sobre a biblioteca escolar. Despois de moito pensar e buscar en internet, atoparon unha idea que lles serviu de inspiración para facer o seu propio, onde plasman perfectamente o que significa para eles a lectura e a biblioteca. Así de fermoso lles quedou: