Hoxe 23 de abril, que mellor maneira que festexar o día do libro cos nosos apadriñamentos lectores!
miércoles, 23 de abril de 2025
FELIZ DÍA DO LIBRO!
lunes, 7 de abril de 2025
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
O 7 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde. E que mellor maneira que facelo coa charla dun nutricionista para fomentar unha alimentación saudable.
Grazas a José Antonio, un papá do cole que se nos ofreceu para poder levar a cabo esta actividade, poidemos aprender unha morea de cousas a ter en conta á hora de levar unha dieta san e equilibrada.
Non quixemos deixalo marchar sen antes facerlle unha pequena entrevista na nosa radio.
Se queredes escoitala aquí tedes o enlace.
Moitas grazas José Antonio polo teu magnífico traballo!
martes, 1 de abril de 2025
2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Hoxe, 2 de abril, realizamos co noso alumnado unha xornada de sensibilización sobre o TEA.
Falamos sobre o tema, visionamos vídeos, desmentimos falsos mitos e elaboramos unhas fermosas pulseiras.
Incluso experimentamos co Astetics-Grid un comunicador dinámico a través do cal moitas persoas que non teñen linguaxe verbal poden comunicarse con nós.
jueves, 27 de marzo de 2025
DÍA DO TEATRO
Para conmemorar o día do teatro o alumnado de 6º preparou unha representación teatral. O guión foi creación propia de Catuxa, a súa titora. Coa posta en escena de "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella" as risas estiveron garantizadas.
Ademais fixérono xenial, son uns fabulosos actores!
Grazas a todos por agasallarnos con esta marabillosa representación teatral!
viernes, 21 de marzo de 2025
miércoles, 19 de marzo de 2025
SEGUIMOS COAS ENTREVISTAS NO RECREO!
Unha vez máis subimos á radio no recreo para pasalo ben. Hoxe Valeria entrevistou a Paula para saber un pouquiño sobre as súas afeccións.
Se queredes escoitalas debedes premer no seguinte enlace.
miércoles, 12 de marzo de 2025
OBRADOIRO DE SQUISHY DE PAPEL
Hoxe o obradoiro de squishy de papel foi todo un éxito! Grazas Valeria Vilar por ensinarnos a facer unha manualidade tan chula e relaxante.











.jpeg)


.jpeg)





.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
