Este ano por fin retomamos a Festa da Benvida con algunhas pequenas modificacións para respectar a normativa COVID. Ao longo da semana fixemos actividades relacionadas co outono e grazas á colaboración das familias puidemos contar cunha exposición de froitas de outono dentro da biblio.
Aproveitando a visita á biblio fixemos varios xogos nos que traballamos a creatividade, robótica, expresión oral e atención e memoria.
Foi unha xornada xenial na que o pasamos moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario