miércoles, 5 de mayo de 2021

O DEBUXANTE E GUIONISTA DE CÓMIC ABEL ALVES CÓNTANOS COMO SE FAI UN CÓMIC!!! 📝💥💥💣

“Jonan é un bárbaro que vive no Norte dun mundo de fantasía.

Certo día alguén entra na súa casa e esnaquiza as súas margaridas.

Jonan, moi enoxado, descobre que tras ese acto de vandalismo está o “señor Escuro” que é unha criatura malvada.

Para derrotala terá que realizar unha viaxe na que se atopará cun montón de personaxes e vivirá unha chea de aventuras moi tolas…”

 

Así, coa sinopse da súa nova historieta gráfica, preséntasenos Abel Alves.

Tivemos a gran sorte de poder contar cun debuxante e guionista coma el para que nos explicase, de primeira  man, os aspectos básicos a ter en conta á hora de elaborar un cómic (tanto na parte de guión como na de debuxo).

Pola complexidade dos conceptos, vímolo a partir de 3º de primaria e veunos moi ben para o noso concurso. 

De seguro que os nenos/as poderán seguir estes fabulosos consellos para disfrutar debuxando o seu cómic."Ánimo, comiqueiros!"


E MIL GRAZAS, ABEL!!!😊

 

Aquí podedes ver o vídeo que nos enviou e a súa biografía, coa que poderedes comprobar que ten unha traxectoria do máis completiña:

 

 


 

 

Abel Alves (Ferrol 1981) é guionista e debuxante de cómic, podcaster e deseñador ocasional de videoxogos.

Realizou os seus primeiros traballos como humorista gráfico no diario “Galicia Hoxe”

Por motivos profesionais, trasládase a Uruguay onde traballa coa revista Uruguaya “Lento”.

Como guionista, xunto co debuxante Nahuel Silva, gaña o “Premio Fondo concursable para la cultura 2014” grazas á súa historieta “Sangre y Sol”

Xa de volta en Galiza, publica en España e Arxentina, a novela gráfica histórica “Aram el armenio” xunto á debuxante Majox.

No 2017 coa participación do Concello da Coruña publica “A tumba de Breogán”, novela gráfica ambientada no século XIX na cidade da Coruña con personaxes como Eduardo Pondal, Emilia Pardo Bazán ou Manuel Murguía.

No 2018, xunto co debuxante Juan Caminador, publica a novela gráfica “Segunda Venida” coa que gañou o premio Trillo ao mellor guión (Arxentina).

No 2019 foi participante na XXII edición do salón de cómic “Viñetas desde o Atlántico” na que podíamos ver unha exposición sobre os seus traballos como guionista.

 

Actualmente compaxina o seu traballo como guionista de comic e audiovisual (colaborando puntualmente no guión da serie da TVG “Serramoura”)

 

Aínda que normalmente as súas obras son para público adulto, conta con dúas obras para público novo:  A Tumba de Breogán (recomendada 13+) e  “Jonan el bárbaro” (coa que comezamos esta entrada)

 

 

 

 

 

 




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario