Despois do rotundo éxito que tivo a actividade entre tod@s os pequen@s, da recollida dos nada menos que 87 cómics presentados, a preselección dos neno@s e a votación dos mestres*/as hoxe por fin chegou! O GRAN DÍA DA ENTREGA DE PREMIOS!!!
Cos nenos/as de primaria, ao ser categorías de dous cursos, aproveitamos que facía bo día para facer a entrega de premios nunha parte do patio, onde puideron estar ben separados e respectar os grupos burbulla. En infantil, fomos polas aulas.
O primeiro que fixemos foi darlles as grazas a tod@s os participantes polo seu esforzo e interese en facer o cómic e dicirlles que estabamos súper orgullosos do seu traballo, que foi súper difícil escoller un gañador/a pero que para nós tod@s eran gañadores e que o agasallo máis grande foi que el@s o fixeran e se divertisen facéndoo.
Dixémoslles ademais, que os seus traballos ían formar parte dun libro que rexistrariamos na biblioteca polo que compartiría espazo cos libros dos autores/as máis importantes de todos os tempos. Así, unha parte deles/as quedará sempre na biblio do cole. E iso para nós tamén é un grandísimo agasallo.
Ademais, ese "libriño" completo, compartirémolo nos próximos días aquí no blogue para que todas as familias poidades ver os súper cómics que presentaron os nenos/as.
Despois, a cada participante outorgámoslle un diploma acreditativo de GRAN PARTICIPANTE e un marcapáxinas personalizado co seu nome.
Aquí podedes ver uns exemplos:
Despois, como dixemos que tod@s eramos gañadores, todas as clases tiveron un agasallo: Un cómic para poñer na súa biblioteca de aula.
Os gañadores/as de cada categoría levaron, ademais, un diploma de gañadores/as e outro cómic para el@s.
Aquí podedes ver un resumo da nosa especial entrega de premios.Foi súper emocionante, disfrutamos un montón e despois do súper éxito deste ano, esperamos que o curso que ven haxa unha 2ª edición!
Categoría: 4º de educación infantil
|
A profe Fani abrindo o agasallo para a aula
|
|
Lois, un dos dous gañadores da categoría de 4º de infantil | |
|
|
|
|
|
|
|
|
Blanca, tamén gañadora do concurso |
Categoría: 5º de educación infantil
|
A profe Lucía abrindo o agasallo para a aula
|
|
Roi, un dos gañadores
|
|
Lucas, tamén gañador
|
Categoría: 6º de educación infantil
|
A profe Tere abrindo o agasallo para a aula
|
|
Daniela e Pablo, súper gañadores do concurso na categoría 5º de educación infantil
|
Categoría: 1º e 2º
|
1º EP |
|
|
|
|
|
A profe Ali co agasallo para a súa aula
|
|
2º EP |
|
A profe Cintia co agasallo para a súa aula | |
|
|
Gañadora da súa categoría
|
|
Gañadora da súa categoría
|
Categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
|
A profe Ana ensinando o agasallo de aula
|
|
Os nenos/as de 3º que participaron (Candela, botámoste de menos!)
|
|
3º EP |
|
|
|
|
|
Participantes de 4º de primaria (Botámoste de menos Simón G!)
|
|
4º EP coa profe Chus e o profe Javi
|
|
Carmen, gañadora da categoría 3º e 4º EP
|
Categoría: 5º e 6º de educación primaria
|
Participantes de 5º de EP |
|
A profe Lucía cos nenos/as de 5º EP e o agasallo para a súa aula
|
|
Participantes de 6º EP
|
|
A profe Catu cos nenos/as de 6º EP e o agasallo para a súa aula |
|
|
|
|
|
|
|
|
Alba, Gañadora da categoría 5º e 6º de EP
|
MIL GRAZAS A TOD@S E MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario