viernes, 14 de mayo de 2021

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO DE CÓMIC!

Como xa sabedes, onte foi o último día para presentar os vosos marabillosos cómics...

Recibimos nada menos que 87 cómics!!!!!! 👏👏👏👏

Os nenos/as xa votáchedes e das vosas votacións saíron 3 preseleccionados de cada categoría.

Agora, tócanos a quenda aos mestres/as para elixir o gañador/a de cada categoría. É unha decisión ben difícil porque hai moitos cómics e moi bos...

O mércores á volta da ponte faremos a entrega de premios!! Que emoción!!! 

Aínda que para nós o premio máis grande é ver a ilusión e o entusiasmo co que preparáchedes os vosos cómics. 

Para nós xa sodes uns magníficos GAÑADORES/AS!!!!💚💙💛💗💜

Tamén fainos moita ilusión que con todos os vosos cómics imos facer un libro que rexistraremos na biblioteca xunto cos dos grandes autores (Se podemos, intentaremos tamén imprimilo en PDF e compartilo no blogue para que todas as familias poidades velo). 

Lembrade que os que non o puidéchedes traer a tempo para o concurso, podédelo traer para poñer no libro. Despois de telo comezado e de pasar o traballo e o esforzo, sería unha pena non aproveitalo.

Despois do voso traballo e esforzo, sen dúbida ningunha merecedes estar nun lugar ben visible como autores da nosa biblioteca. 

PARABÉNS E MOITA SORTE!!!!!!! 😊🍀

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario