A continuación deixámosvos algunhas ideas de libros e xogos interesantes que lles podedes pedir aos Reis e a Papá Noel.
Biblioramo
martes, 17 de diciembre de 2024
miércoles, 4 de diciembre de 2024
3 DECEMBRO, XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN
Ao longo da semana fixemos xogos para poñernos na pel da xente con diversidade funcional e poder sentir en primeira persoa a dificultade que entrañan moitas das tarefas que realizan no seu día a día.
lunes, 2 de diciembre de 2024
3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Ao longo desta semana faremos actividades para reflexionar sobre o que implica ser discapacitado e os obstáculos que afrontan no seu día a día.
A continuación deixámosvos un vídeo sobre famosos con discapacidade para romper estereotipos. Imos ver como a discapacidade non lles impediu chegar lonxe e acadar os seus sonos.
lunes, 25 de noviembre de 2024
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
25 N
Neste día unímonos á proposta da FANPA de Ferrolterra. O alumnado realizou un mural no que, con xices, escribiron frases contra o acoso na rúa, de acordo coa iniciativa CHALK BACK.
Tampouco faltaron as lecturas compartidas para sensibilizar ao noso alumnado sobre a igualdade e o respecto.
lunes, 18 de noviembre de 2024
OBRADOIROS DE SLIME
Despois dun intento fallido, conseguimos unha receita de slime que funcionou. Quixemos seguir mellorando a técnica e nun terceiro intento, con outros ingredientes, conseguimos un resultado mellor.
Xa perdimos a conta das veces que fixemos slime pero é unha actividade que nos encanta!!
lunes, 4 de noviembre de 2024
SAMAÍN
Nestas datas para celebrar o Samaín decoramos a biblio. Queredes ver como quedou?
Tampouco faltaron as lecturas de contos e historias de medo.
Por último, dende o equipo de dinamización da lingua galega, propuxéronos crear apócemas e historias de terror.