Por fin xa podemos sacar os libros galegos dos nosos escondites segredos, xa poden voltar aos seus andeis da biblioteca. A policía colleu ao monstro comelibros. Estaba sentado no banco dun parque morto de fame, porque grazas ao traballo d@s nen@s non atopaba nin unha soa palabra galega que comer.
A continuación mostrámosvos unha pequena escolma dos libros salvados polos nen@s dos coles galegos.
LIBROS SALVADOS POLOS COLES DE INFANTIL E PRIMARIA
LIBROS SALVADOS POLOS INSTITUTOS
miércoles, 25 de mayo de 2011
sábado, 21 de mayo de 2011
VISITA DE XOÁN GARCÍA
O venres pasado visitounos Xoán García e unha amiga súa moi especial, Faragulliña. Primeiro Xoán García contounos como fora a súa vida e contestou amablemente a tódalas preguntas que se lle fixeron. Despois Faragulliña relatounos un pequeno conto que Xoán lle contou xa fai moito tempo. Por último acompañáronnos ao Camiñante e depositamos dous libros na súa biblioteca pública. Para rematar Xoán adicounos unha poesía.
DE VOLTA AO COLE
O pasado mércores @s antigos/as alumnos/as visitaron o cole para apadriñar/amadriñar aos nenos/as de infantil. A experiencia foi un éxito!!
martes, 10 de mayo de 2011
O DÍA 17 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano, o día das Letras Galegas adícase a Lois Pereiro. Aquí vos van algunhas páxinas que vos poden resultar de intertese.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/lois-pereiro_2011
http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://loispereiro.blogaliza.org/
http://pequespazos.blogspot.com/search/label/LOIS%20PEREIRO
ESTE VENRES VISÍTANOS XOAN GARCÍA
Xoán García López naceu en Barallobre (Fene) en 1942 e vive en Neda desde 1964. Foi traballador de Astano. Remata a súa vida laboral na empresa Endesa das Pontes de García Rodríguez.
En Holanda comezou a escribir poesía e colaborou en varias entidades daquel fermoso e acolledor país. Alí foi colaborador do xornal (da emigración) La Región.
De volta a Galicia, en Neda, foi cofundador de A.VV. Vila de Neda, sendo responsable da revista “Voceiro da Vila” e participou como voz na rondalla “Lucero del Alba”.
Desde o ano 1983 e ata o ano 2003 foi concelleiro de Neda, levando case sempre a área de cultura.
Organizou e participou en varios ciclos poéticos-musicais e recitais de poesía. O grupo folk Zoar do Vento ten musicados unha ducia dos seus poemas. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en dúas ocasións (1996 e 1998). Actualmente colabora con varias revistas culturais e escribe os seus artigos en "La Ventana", do Diario de Ferrol.
Ten editados varios libros:
Poesía.- “Os catro tempos” e “Arado de Pau” (1966) recollidos no libro “Ao pé do río Belelle”; Maríaneda (1998); “Poemas da beiramar” (1999); “Buxaina de sentimentos” (2000); “Voz” (2001); “Abonda coas palabras” (2003); "Ronsel de lúa espida" (2005).
Literatura infantil.- “Ameixa Fina e Patexo” (2000); “Faragullina” (2002)
Narrativa.- “Leite callado”, obra curta, adaptada ao teatro por Carlos Basoa co título de “O avó”.

lunes, 2 de mayo de 2011
ESTE FOI O RESULTADO DOS APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES
Parece que á maioría dos nen@s gustoulles esta primeira experiencia de apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Haberá que repetir!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)