miércoles, 27 de febrero de 2013
Estes días tivemos novas sobre unha das pombas que soltamos o Día da Paz. Queredes saber a onde chegou? Pois á parroquia de Lamas, situada no concello de San Sadurniño. Atopouna unha señora no medio do camiño e coma poñía que quen a atopara que chamara ao cole para saber por onde andaba así o fixo. Aproveitamos para darlle as grazas pola súa colaboración.
lunes, 25 de febrero de 2013
EXPOSICIÓN - HOMENAXE
Dezaoito ilustradores/as de primeiro nivel (Almudena Aparicio, Calros Silvar, Xosé Cobas, Xosé Lois, Santi Gutiérrez, ...) participan nesta colección de debuxos sobre a figura e/ou a obra de EDUARDO BLANCO AMOR.
Esta exposición está cedida temporalmente polo Museo do Humor do Concello de Fene e comisariada polo debuxante Siro López, que tamén colabora nela.
Aínda estará con nós dúas semanas máis.
Animádevos a visitala!!!
Cascabel

viernes, 22 de febrero de 2013
lunes, 18 de febrero de 2013
ROSALÍA
Como o próximo día 24 cúmprense 150 anos da publicación de CANTARES GALLEGOS traballaremos toda esta semana a obra e a vida de Rosalía.
Tamén participaremos nunha iniciativa da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) que consiste en que moitos colexios de Galicia gravaremos a lectura dun poema de Cantares Gallegos e, todos xuntos, estarán na web www.aelg.org
No noso cole @s nen@s de 1º encargaranse de ler "Miña Santa Margarida".
Esperamos que o fagan moi, pero que moi ben!!!
CASCABEL

![]() |
ROSALÍA |
jueves, 14 de febrero de 2013
A QUEIMA DO BANKPIRIÑO
Hoxe para rematar este tempo de entroido queimamos ao noso Bankpiriño, pero antes limos o testamento que o noso amigo nos deixou.
domingo, 10 de febrero de 2013
ANTROIDO 2013
Despois de moito traballo e ensaios, o venres, día 8, celebramos o ANTROIDO.
Preparámonos nas aulas e logo, no Salón de Actos, coa presencia das familias, fixemos unha pequena representación. Todo relacionado, dun xeito ou outro, co mundo dos zapatos.
Houbo unha gran zapatería, zapatos a esgallo e tres contos: A ratiña presumida, O Gato con Botas, e Polgariño.
Ao remate das actuacións saímos do Colexio e todos dimos unha volta polo arredor. Logo dun pequeno descanso era obrigado, como todos os anos, o paso polo "Túnel do Terror".
Como xa estabamos sen folgos de tantas emocións reparamos forzas arredor dunhas mesas cheas de lambetadas propias destas datas que estaban alí grazas á xenerosidade e traballo das familias.
FELIZ ANTROIDO A TOD@S!!!
A continuación vai un pequeno resumo da xornada en fotos.

jueves, 7 de febrero de 2013
miércoles, 6 de febrero de 2013
3º MANDATO
O noso querido Bankpiriño
deséxavos cambiar completamente
e quere que sexa de repente.
Como sabe que a Martín gústalle durmir
ti e todos, ademais dos compañeiros de infantil
a escola en pixama ou camisón teredes que vir.
martes, 5 de febrero de 2013
2º MANDATO DE BANKPIRIÑO
Que ocorrencias ten este Bankpiriño!!
Queredes saber cal é o seu segundo mandato? Aquí vos vai.
Onte xa limos o primeiro,
hoxe aínda non será o derradeiro.
Como o voso nome quere verificar
todos vos teredes que identificar
e o voso nome na fronte debedes levar.
Chega o Entroido ao Ramo!!
Este ano, cos tempos que corren, ao noso cole chegou o señor Bankpiriño, en clase "preferente"!!
Queredes saber cal é o seu 1º Mandato? Atendede que aquí vos vai.
O primeiro día, por ser martes
e como temos que ir por partes
os zapatos na casa esqueceredes
e en zapatillas ao colexio viredes.
Ah! Como teredes que ir a xogo cos meus dentes
levaredes tamén uns grandes pendentes.
lunes, 4 de febrero de 2013
XA POÑEMOS TAPAS!!!
O venres, día 1, como nos prometera, estivo na biblio Manolo,o zapateiro.
Daba xenio velo traballar!!!
Ao final, algúns xa case sabían poñer tapas.
Andamos dando voltas á idea de poñer un currunchiño de amaño de zapatos.( Non estaría mal uns ingresos extra nestes tempos)
MIRADE QUE EXPERTOS TEMOS.
domingo, 3 de febrero de 2013
PAZ 2013
Dado que non puidemos celebrar o Día da Paz o día 30 por problemas organizativos, o fixemos o xoves, 31.
Despois de traballar o tema ao longo da semana( selección e elaboración de textos, lecturas, ensaios, elaboración de slogans, pegatinas, murais,...) chegamos ao xoves.
En presencia dos pais/nais, avós/avoas, ... empezamos escenificando os textos traballados. Logo, no patio cuberto, cantamos todos xuntos a canción A MURALLA e, finalmende, fixemos a nosa particular "SOLTA DE POMBAS"
FELIZ DÍA DA PAZ!!!
Aquí vos queda un resumo en imaxes.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)