Neste curso seguimos sendo moi afortunados co tempo.
O mércores, día 30, celebramos coas familias, como facemos sempre, o MAGOSTO.
Tod@s poideron visitar a exposición de cabazas, elaboradas o luns nas aulas, que estaban moi ben ambientadas con música e iluminación.
Mentres se asaban as castañas tivemos unha sesión de XOGOS POPULARES. Houbo de todo: corda, pasemisí-pasemisá, zancos, brilé, chapas, aros, pano e ata un recuncho de maquillaxe.
Logo chegou o momento de papar as castañas, que estaban boísimas.
Para rematar a sesión, @s nen@s de Infantil cantaron na biblioteca para as familias "Corre, corre, cabaciña".
Foi unha xornada completiña que aí vai en fotos.
jueves, 31 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
CONTO NO KAMISHIBAI
Hoxe, día 29, @s de cuarto curso leron e representaron, mediante o kamishibai, o conto baseado nunha lenda africana "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?", grazas a unha cesión temporal de material que nos fixo a biblioteca do Colexio de Andrade.
Os espectadores foron @s nen@s de Infantil e @s de 1º, 2º e 3º de Primaria.
Había moita espectación por ser o primeiro conto deste curso.
Ao final houbo aplausos a rebear e ata oíronse voces de "Outra, outra, outra,.."

lunes, 28 de octubre de 2013
CABAZAS
Estos días estamos que non paramos. Acumúlansenos as actividades e, ás veces, non damos feito. É por iso que tivemos que modificar sobre a marcha o programa de actos.
Hoxe, luns, elaboramos as caveiras de cabazas. Tod@s, desde @s anan@s de 3 anos ata @s veteran@s de 6º( máis abaixo, as fotos).
A obra de 6º "Indo para o Samaín" foi imposible representala hoxe, será outro día.
Mañá, martes, día 29, @s de 4º contarán, no kamishibai, o conto "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".
O mércores, día 30, celebraremos o Magosto(parece que o tempo o vai permitir). Todas as familias estades invitadas. Podedes aproveitar para ver a exposición das caveiras de cabazas. Tamén estará exposto o LIBRO DOS MEDOS que están elaborando entre todos.
Ah! e, por último, confirmar que o próximo venres, día 8 de novembro, a nai de Diaou vai vir contarnos un conto arrepiante.
Brrrr, ATA PRONTO!

COGOMELOS
Outra vez tivemos un tempo estupendo. O venres, día 25, subimos ao Forgoselo na procura de cogomelos e atopámolos de moitas clases: boletus, lactarius, amanitas, coprinus, cantarelus, lepiotas e un montón máis.
Como chegamos ao cole un pouco tarde non deu tempo a montar a exposición e o fixemos hoxe.
Esperamos a visita de tod@s os que poidades pasarvos a vela.
Aquí queda unha selección das fotos sacadas no monte e as da exposición.

jueves, 24 de octubre de 2013
AMADRIÑAMENTOS/APADRIÑAMENTOS
QUE SORTE TIVEMOS ONTE!!!
Unha mañá espléndida para ler case en calquera recuncho do cole.
Así celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS(xa que tivemos que adelantalo por mor da folga).

martes, 22 de octubre de 2013
PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS
Xa temos o motor posto a toda marcha e vos conto:
Mañá, día 23, faremos os amadriñamentos/apadriñamentos.
O venres, día 25, (se o tempo dá permiso) iremos a Goente a recoller cogomelos.Se non podemos ir, os de 4º, no kamishibai, contaranos "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".
O día 28, luns, faremos as caveiras de cabazas e os de 6º representarán a obra "Indo para o Samaín".
O día 30, mércores, (tamén co permiso do tempo) celebraremos o Magosto.
Sin día fixado aínda, a nai de Diaou virá contarnos un conto que nos poñerá os pelos de punta.
De todo sacaremos fotos e as colgaremos aquí para que todos as poidades ver.
De momento, hoxe empezamos colocando na entrada unha selección dos contos de medo que temos na biblio.

MEDO - LIBROS |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)