jueves, 25 de mayo de 2023
OBRADOIRO DE NUTRICIÓN
viernes, 19 de mayo de 2023
VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ANXO ROMERO
Un ano máis, o alumnado de 3º e 4º de primaria, grazas á colaboración da ANPA, tiveron a sorte de poder contar co escritor Miguel Anxo Romero. Comezou presentando o seu libro "Voces no tempo" e despois fixeron un taller de escritura creativa.
Moitas grazas Miguel Anxo!
martes, 16 de mayo de 2023
RECOMENDADOS EN GALEGO
A nosa lingua que fermosa é!
E cantos libros temos cos que pasalo ben!
Aquí vos deixamos, xunto cunha breve biografía de Francisco Fernández del Riego, algunhas recomendacións lectoras que esperamos que vos gusten.
Recordade que se queredes velo ampliado teredes que facer click sobre a imaxe.
FELICES LETRAS GALEGAS!!!
![]() |
miércoles, 3 de mayo de 2023
QUEREDES SABER QUEN É FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?
VISITAMOS A GALIÑA AZUL!
Este xoves o alumnado de 4º de primaria retomou as visitas á Galiña Azul para contarlle un conto aos peques. Encantounos ver o atentos que estaban a todo o que dicíamos. Ao final, agasallámolos cuns debuxos que nos serviron para acompañar a nosa historia.
Coma sempre, foi unha experiencia xenial!
lunes, 1 de mayo de 2023
LECTURAS COMPARTIDAS
Este curso por fin voltamos a recuperar as lecturas compartidas coas familias.
Canto nos gusta escoitar os contos que nos traen preparados!
Moitas grazas pola vosa colaboración familias!