martes, 17 de diciembre de 2024

RECOMENDADOS DE NADAL

 A continuación deixámosvos algunhas ideas de libros e xogos interesantes que lles podedes pedir aos Reis e a Papá Noel.






miércoles, 4 de diciembre de 2024

3 DECEMBRO, XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN

 Ao longo da semana fixemos xogos para poñernos na pel da xente con diversidade funcional e poder sentir en primeira persoa a dificultade que entrañan moitas das tarefas que realizan no seu día a día.

lunes, 2 de diciembre de 2024

3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Ao longo desta semana faremos actividades para reflexionar sobre o que implica ser discapacitado e os obstáculos que afrontan no seu día a día. 

A continuación deixámosvos un vídeo sobre famosos con discapacidade para romper estereotipos. Imos ver como a discapacidade non lles impediu chegar lonxe e acadar os seus sonos.


lunes, 25 de noviembre de 2024

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Queredes saber a que nos adicamos a facer na biblio algúns dos recreos do mes de novembro? Pois facer experimentos cos nosos pequenos científicos. 

25 N

 Neste día unímonos á proposta da FANPA de Ferrolterra. O alumnado realizou un mural no que, con xices, escribiron frases contra o acoso na rúa, de acordo coa iniciativa CHALK BACK. 

Tampouco faltaron as lecturas compartidas para sensibilizar ao noso alumnado sobre a igualdade e o respecto.

lunes, 18 de noviembre de 2024

OBRADOIROS DE SLIME

Despois dun intento fallido, conseguimos unha receita de slime que funcionou. Quixemos seguir mellorando a técnica e nun terceiro intento, con outros ingredientes, conseguimos un resultado mellor.

Xa perdimos a conta das veces que fixemos slime pero é unha actividade que nos encanta!!











lunes, 4 de noviembre de 2024

SAMAÍN

 Nestas datas para celebrar o Samaín decoramos a biblio. Queredes ver como quedou?










Tampouco faltaron as lecturas de contos e historias de medo.

Por último, dende o equipo de dinamización da lingua galega, propuxéronos crear apócemas e historias de terror.

jueves, 24 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O mes de outubro é o mes das bibliotecas e por este motivo quixemos celebralo como se merece. Lecturas compartidas, xogos no recreo e, como guinda do pastel, o día 24 repartimos as mochilas viaxeiras.



lunes, 21 de octubre de 2024

OBRADOIROS DE PULSEIRAS

A nosa biblio é un espazo onde realizamos unha morea de actividades:buscamos información, lemos libros, xogamos e aprendenmos manualidades xunto con outros compañeiros.
Grazas ao papá de Valle e Candela temos 15 soportes para facer pulseiras de fío. Candela e Carla ensináronnos a facelas. Cada vez temos máis expertas en pulseiras de fío. Tamén Hugo Castro nos ensinou a facer pulseiras de goma.

Moitas grazas a todos!




 


domingo, 29 de septiembre de 2024

OUTONO NA BIBLIO

Chega o outono e dende a biblio queremos celebralo aprendendo un pouco máis sobre esta época do ano. Traballamos vocabulario, froitas típicas da época, realizamos creacións artísticas con elementos do entorno,...

É unha xornada na que a través dos xogos adquirimos un montón de coñecementos.





















martes, 18 de junio de 2024

RECOMENDADOS DE VERÁN

A continuación deixámosvos algunhas recomendacións lectoras para este verán. Esperamos que vos gusten. Recordade que se queredes ver máis grande a imaxe deberedes de premer sobre ela.

FELICES VACACIÓNS!!

 








lunes, 10 de junio de 2024

VÍDEO RESUMO DESTE ANO

Remata o curso e non queremos facelo sen ensinarvos todo o que fixemos ao longo de todo o ano e o ben que o pasamos.

Aquí vos vai un vídeo resumo.

  

miércoles, 5 de junio de 2024

E VEÑA MÁIS LECTURAS COMPARTIDAS!

Seguimos con outra semana de lecturas compartidas. 

Canto disfrutamos con elas!


















Moitas grazas por participar!!