jueves, 21 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL






A educación afectivo-sexual é un dereito dos nenos e nenas recollido na OMS. Tal e como contempla a lexislación vixente, é un aspecto a tratar para contribuir ao desenvolvemento integral do noso alumnado.

Dende as primeiras idades, debemos sentar as bases para unha boa educación afectivo-sexual. E que mellor que tratar o tema de forma natural, rigurosa e sen tabús. Para iso contamos cunha especialista neste ámbito, Paula Cajide.

Ao longo da semana, impartiu varios obradoiros nos que se trataron temas acordes coas idades do alumnado ao que ían dirixidos.

Cal é o noso obxectivo?

Que o noso alumnado coñeza o seu corpo e aprenda a coidalo e respectalo, que compartan sen medos as súas inquedanzas e fomentar o respecto e a aceptación.

En definitiva, promover unhas relacións sanas, tanto a nivel físico como emocional.

lunes, 18 de marzo de 2024

SEMANA DO AGARIMO


Somos conscientes de que esta actividade é un éxito total entre o noso alumnado. Da gusto ver a ilusión coa que escriben e esperan a súa correspondencia!

Ainda que cada ano quedamos sorprendidos pola enorme participación, este ano non dábamos crédito. Case mil cartas que repartir!!

Vídeo resumo do Día do Agarimo.

martes, 12 de marzo de 2024

8M, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 





Para conmemorar este día ademais de preparar unha selección de libros de interese, aproveitamos para investigar sobre algunhas mulleres que deixaron pegada ao longo da historia.

Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos realizados.










Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria elaborou un podcast para explicarnos cal é a orixe do 8M. Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace: Orixe do 8M