O pasado venres 8 de marzo, co motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, os nenos e nenas de 2º,3º,4º,5º e 6º de primaria asistimos á biblioteca do concello para dar lectura a textos creados por mulleres.
Este ano eliximos textos do libro de Cantares Galegos de Rosalía de Castro.
A pesares de que ao principio nos dixeron que non se ía retransmitir pola radio, logo nos comentaron que sairá o vindeiro venres ás 14:00.
Se queredes escoitar a gravación picade no seguinte enlace:
http://173.255.131.23/audio/130313ORAMO.mp3
No hay comentarios:
Publicar un comentario