O venres pasado tivemos a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre as persoas xordas. Blanca e Iván, dúas persoas xordas, e a súa intérprete ( á que lle pedimos desculpas por esquecer o seu nome)ensináronnos como é posible superar as dificultades que se atopan no seu día a día.
Os máis pequeniños tiveron a sorte de que Iván lles contara un conto en lingua de signos. Grazas a él tamén aprendimos a dicir unhas cantas palabras e a falar coas nosas mans.
Por outra banda, Blanca explicou aos máis maiores curiosidades sobre a vida das persoas xordas.
Por último as dúas intervencións culminaron coa proxección dun vídeo que a continuación queremos compartir convosco.
Foi moi interesante e tod@s aprendimos moitísimo!!
Moitas grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario