Pois así foi. O mércores, 30 de abril, tivemos unha espontánea para contar un conto e por ese motivo, houbo conto contado e, logo, conto lido.
A nai de Mateo veu facer unha actividade na aula do seu fillo e, relacionado coa actividade, propuxo contar, para todo Infantil, o conto "As mazaroucas douradas".
Máis tarde, xa citada previamente, a nai de Daniel Portomeñe veu ler, axudada polo seu fillo, "Campamento Bop Esponja".
Pois xa estamos facendo como nos supermercados "2 x 1". É lóxico, xa o dicía a convocatoria: "EN ABRIL, LECTURAS MIL".
No hay comentarios:
Publicar un comentario