O venres, seguindo coas actividades programadas dentro do PDI que estamos a traballar este curso, fixemos unha excursión á Ribeira de Barallobre. Alí poidemos recoller diferentes tipos de cunhas e pedras, aprender cousas sobre os animais da nosa costa, así como do oficio do marisqueo a importancia do coidado do entorno, o coidado dos animais,...
Tamén axudamos a salvar a un cormorán ferido!!
Foi unha saída moi produtiva!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario