Durante este curso, dende a biblio imos desenvolver unha actividade chamada "Cada mes, un conto".
Nesta actividade, a cada curso asignaráselle un mes, no que terán que ler e preparar un "traballiño" sobre un conto relacionado coa temática que eles escollan. Despois, expoñerán ese traballo a outros compañeiros/as.
Ao final do curso, faremos unha exposición con todos os traballos elaborados ao longo do ano.
Comeza a actividade a aula de 3º.
O mes adicado é novembro e o tema que elixiron... "O medo".
Escolleron o libro "OS SQUURM. NIÑEIRA DE MONSTROS". Fixeron un libriño moi chulo en forma de monstro e léronlles a todos os nenos/as de infantil.
Moitas grazas e noraboa aos nenos/as e á profe María. Gran traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario