miércoles, 2 de octubre de 2019

27 DE SETEMBRO. DIA DO DEPORTE



Hoxe festexamos o día do deporte dun xeito moi especial para nós.
Temos a grandísima sorte de ter entre o noso profesorado a unha verdadeira campiona, non só no mundo da docencia, senón tamén do deporte. 
Ela é Teresa Barreira (Tere para nós), a mestra de 5º de educación infantil.
Na súa traxectoria conta cun grande  número de trofeos como: 

*Campioa do Mundo Duatlón (G40-44). 
*Campioa de España Duatlón.
*
Campioa Galega Duatlón Cross.
*
Campioa de Europa Máster 40XC Ultramaratón. Ciclismo BTT.
*Campioa de España Máster 40XC Ultramaratón. Ciclismo BTT.
*Campioa de España de Raids Élite. Raids aventura orientación.
*Campioa Galega de Raids Élite. Raids aventura orientación.. 


Non puidemos deixar escapar a oportunidade de pedirlle que nos fixera unha charla dentro dos proxectos "Móvete máis e aliméntate mellor" que se desenvolve no centro e o proxecto "Cóntame o que sabes" promovido pola biblioteca. 

Tere ensinounos  a importancia do esforzo para poder alcanzar as nosas metas. Aprendeunos a non dar nada por perdido e que o importante que é a tenacidade, a constancia e a perseverancia. 
Tamén, aprendemos todos os beneficios que ten o deporte na nosa saúde, tanto física como mental.

Por último, inaugurou a milla escolar deste curso, onde o pasamos fenomenal. 

Moitas grazas, Tere!!
Deportista de élite e mestra de élite!!






























No hay comentarios:

Publicar un comentario