lunes, 2 de diciembre de 2019

PRINCESA 2.0

Con motivo da celebración, o 25 de novembro, do día contra a violencia de xénero, os axudantes da biblio decidiron que querían facer unha adaptación teatral dun conto chamado "Princesa 2.0"👸💪 , que fala sobre romper estereotipos. 

Fixeron un traballo impresionante. Levaron a obra totalmente ao seu terreo. Elixiron a roupa que querían usar e amañáronse para atopala, o atrezzo que querían que houbese no escenario. Trouxeron cousas da casa, pediron cousas prestadas... Ata que por fin , conseguiron todo o que precisaban. 

Loitaron contra os nervios, o medo de quedarse en branco, de non poder seguir falando. Foron un exemplo total de superación, esforzo e valentía.

Ensaiaron con moitísima ilusión e o resultado non puido ser outro máis que unha marabilla. Fixeron tres pases e os tres foron un éxito.

Noraboa rapaces, é un súper orgullo que queirades ser parte da biblio!!!


Aquí tedes algunhas fotos dos ensaios, do momento antes da actuación (con baile de motivación incluído) e o vídeo resultado de tanto traballo.














 




No hay comentarios:

Publicar un comentario