Esta semana vai... DE VIAXES! ✈🗿🗽
Coincidindo coa marabillosa entrada sobre o día da Terra do equipo de Voz Natura e EDLG, unímonos ao reto de viaxar dende a casa.
Propoñémosvos ir a lugares incribles sen ter que pasar unha morea de horas nun avión e ata viaxar á outra punta do mundo sen moverse da casa.
Para iso, compartimos con vós un enlace no que poderedes facer un tour virtual a miles de lugares do mundo a través de fotografías e vídeos en 360º.
Ademais, cada fotografía vai acompañada dunha galería fotográfica e de música adaptada ao lugar que estades vendo.
Vivimos nun mundo marabilloso!!! 🌍 Non deixedes de disfrutalo.💚
https://www.airpano.com/
Poderedes visitar lugares fermosísimos como éstes (na páxina web estas imáxenes son en 360º)

Cráter do volcán Erta Ale (Etiopía)
Alpes Suízos
Pingüíns en Useful Island (Antártida)

Central Park e a Bahía de Manhattan (Nueva York)

Noite estrelada no Deserto do Sáhara

Gran muralla china

Torre Eifel e o río Sena (París)

Coliseo romano (Roma)
Taj Mahal (India)
Se queredes deixar algún comentario podedes facelo aquí. 📝