lunes, 20 de abril de 2020

Esta semana vai... DE LIBROS!!


O día 23 de abril festéxase o día do libro.📕📖📕
Todos os cursos, por estas datas, comezabamos as lecturas compartidas, nas que as familias viñades á biblio a contarlle un conto aos nenos/as.
Este curso non podemos facelo, pero non queremos quedar coas ganas de festexar. Por iso, queremos propoñervos unha actividade para a que pregamos a vosa colaboración. É unha actividade voluntaria pero animámosvos a tod@s a participar.

Como sabemos que as circunstancias non son doadas e cada familia ten unha situación diferente, propoñémosvos varias alternativas para que elixades a que mellor vos conveña (ou as que mellor vos conveñan no caso de querer participar en varias).

1- Foto Lectora: Trátase de facer unha foto lendo un libro (pode ser dos nen@s, das familias...).📷

2- Son unha portada de libro! Consiste en recrear unha portada do conto que queirades e facervos unha foto (ao final deixámosvos algúns exemplos)📷

3- Son booktuber! Consiste en gravar un vídeo curto no que nos recomendedes o voso libro favorito. (podedes contarnos, por exemplo, por que vos gusta tanto, por que pensades que deberiamos lelo...)📹 (Se vos da vergoña saír no vídeo, podedes simplemente gravar a portada do libro, algunha das súas páxinas ou incluso, mandar unha nota de audio)

4- Lecturas compartidas! Trátase de contar un conto e gravalo en vídeo para poder facer unha lectura compartida📹. Podedes lelo sós ou coa familia, que de seguro é máis divertido!

Con todos os proxectos que recibamos, faremos unha presentación e a compartiremos con vós a través das redes.
Os proxectos podedes envialos a biblioramo@gmail.com ata o venres 24 de abril.

Moitas grazas a tod@s e moito ánimo!!

Grazas a vós, a biblio segue a ter vida!💖💖

Aquí tedes dous exemplos de como representar a portada dun conto. (sacado da páxina pequeideas que partiu dun reto proposto pola autora Cristina Oleby)







No hay comentarios:

Publicar un comentario