Como xa sabedes, o 31 de outubro festéxase o Samaín, que é a tradición celta na que os mortos podían vir visitarnos durante esa noite ata o día 1, coñecido como "día de todos os santos"
Dende a biblio propuxemos unha actividade para levar a cabo nas aulas (Xa que pola situación actual non se pode facer nin na biblioteca nin no salón) que consistía en ofrecerlles aos nenos/as libros sobre temática de medo (adaptados a cada idade).
Deixámolos na estada da biblioteca para que, tanto nenos/as como mestres/as puideran escoller o dlibro que preferisen para ler ÁS ESCURAS!!!!!
Sí, sí... ás escuras!
Para iso, pedímoslles aos nenos/as que truxeran unha lanterna para poder ver e o resultado foi chulísimo. ollade!!
Por outra banda, os nenos/as de 1º de primaria quixeron facer unha homenaxe á tradicional exposición de cabazas que se fai todos os anos, "Amañando algo máis manipulable pero igual de bonito. Ou mellor dito, igual de terroríiiiiiiifico"
En vez de utilizar cabazas, usaron madarinas.
Por iso, decidiron poñerlle o nome de "Mandibazas" Se se ven de moi preto, case non se aprecia a diferenza, non si? 😃
No hay comentarios:
Publicar un comentario