Nestes días e coincidindo coa cercanía do día da Paz, dende a biblio propuxemos un "Apadriñamento lector pacífico" no que estamos traballando libros non só sobre Paz, senón sobre todos aqueles valores fundamentais para convivir en sociedade e ser mellores persoas.
Nos próximos días, teredes fotiños sobre esta actividade tan chula e que tanto nos gusta a tod@s. Será un pouco diferente pero esperamos que a disfruten igual!
Hai traballos marabillosos, como o que fixeron estas nenas de 3º. Levan días traballando arreo con moitísima ilusión e non menos esforzo. Fixeron o teatro, as personaxes...
Non podemos por menos que darlles a NORABOA polo grandísimo traballo que fixeron.
MOITOS PARABÉNS RAPAZAS!!!
Con todos vostedes... MARTÍN GRIS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario