Polo mes de febreiro, quixemos achegar aos nenos/as ás tradicións da nosa cultura. Neste caso, traballamos arredor da tradición celta que coincide coa metade do inverno e que se festexa o día 2 de febreiro. É chamada Candeloria ou voda dos paxariños.
É considerada o preludio da chegada da primavera co retorno das aves migratorias que voltan para criar e está conectada cos traballos agrícolas das sementeiras e coa pesca, xa que marca o comezo da navegación a vela tras a tempada invernal, na que os barcos poucas veces tiñan oportunidade de saíren ao mar. Considérase como o preludio da primavera porque aumentan as horas de día e mingua a dureza do frío.
Cos pequenos/as de infantil bailamos, con algúns cursos de primaria traballamos sobre o tema, a través de refráns, cancións e repartimos aos nenos/as paxariños para adornar (e se querían tamén poñer algunha frase bonita) e colocar na árbore da entrada do centro.
Así de xeitosiño quedou:
No hay comentarios:
Publicar un comentario