Despois de dous anos de restricións, voltamos a retomar a nosa Festa da Benvida tal e como a coñecíamos antes da pandemia. É a primeira toma de contacto de toda a comunidade educativa e a temática de traballo é o outono.
Grazas á colaboración das familias realizamos unha exposición de froitos desta época.
Tamén fixemos xogos na biblio ao longo da semana: xogos de vocabulario desta estación coma "Pasapalabra" e "Adiviña o que teño na cabeza", taller de creación artística con elementos da natureza, memory de froitos de outono, a nosa adaptación outonal do xogo "Taco, gato, cabra, queixo, pizza" e xogos con robots.
Chegado o día da festa, comezamos coa degustación de sobremesas aportadas polas familias. Este ano foi todo un éxito. Recepcionamos 75 sobremesas!!
Despois tocaron xogos tradicionais e por último a elección da sobremesa máis gorentosa. Este ano recibiu o premio a torta de Dago de 5º de primaria.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración! É unha maneira xenial de comezar o curso con moita enerxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario