lunes, 4 de diciembre de 2023

3 DE DECEMBRO, XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN COA DIVERSIDADE

O 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con discapacidade.

Un ano máis queremos darlle visibilidade a este tema a través dunha proposta de actividades para o noso alumnado que lles axuden a poñerse no lugar destas persoas.

Queredes saber o que fixemos?

- Xogo Distraction e Picto Rush para poñerse na pel da xente que mostra dificultade para reter información.

- Debuxamos sen empregar as mans. A través desta actividade experimentaron diferentes sensacións e a dificultade que entraña realizar un debuxo co pé ou coa boca.

- Trivial de lingua de signos. Por equipos, empregando o alfabeto dactilolóxico trataron de descubrir palabras de diferentes campos semánticos. Tamén aproveitamos para aprender novos signos.

- Escribimos o noso nome en Braille. Apoiándonos no alfabeto Braille e empregando pequenos puntiños en relieve.












Se queredes ver un pequeno vídeo-resumo da actividade clicade no seguinte enlace: Xornadas de sensibilización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario