lunes, 11 de noviembre de 2019

Formación de usuarios



Como xa puidestes ver que a biblioteca está un pouquiño cambiada, aproveitamos para facer unha formación de usuarios un pouquiño máis exhaustiva.
A formación de usuarios é fundamental para salientar a importancia da biblioteca e do seu bo uso. Para que todos/as entendamos que os libros son de todos/as e por iso, temos que coidalos con especial agarimo. O mesmo ocorre coas tablets e os xogos. Se queremos que perduren ao longo do tempo para poder disfrutar deles o máximo posible, temos que seguir unha serie de pautas moi faciliñas.

Comezamos, como sempre, explicando as normas da biblio (o coidado dos libros, o préstamo. o uso dos marcadores...)
Falamos tamén dos xogos e as tablets, como e cando se poden utilizar, cómo se deben tratar e recoller...

Despois, explicamos tamén os cambios físicos que fixemos na biblio. Contámoslles a nova disposición de fondos e a facilidade de atopalos por temáticas ao poñer a sinalización con debuxo enriba de cada estantería.

Ensinámoslles os distintos espazos da biblio, aínda que como é moi camaleónica, o que hoxe serve de recuncho de lectura, mañá pode ser o lugar dun contacontos...

Os nenos/as quedaron moi satisfeitos co resultado e seguro que farán un bo uso da biblio.  Pola nosa banda, intentaremos, pouquiño a pouco, ir mellorándoa cada vez máis, para que os nenos/as se sigan sentindo cómodos e queiran seguir formando parte da nosa biblioteca. 
 

Aquí tedes algunhas imaxes da formación con algún dos cursos:











No hay comentarios:

Publicar un comentario