Seguindo co proxecto de sensibilización coa discapacidade, o venres visitáronnos os nosos amigos e amigas de ASPANEPS, que como cada ano, achegaron ao alumnado de 5º de primaria a súa actividade "Ponte no meu lugar" co obxectivo de que os nenos e nenas vivencien , entendan e empaticen con persoas con diversidade funcional. Unha actividade que o alumnado describiu como "divertida", "interesante" e na que vivenciaron "novas sensacións".
Aquí tedes o marabilloso vídeo que se fixo dende "O ramo produccións" , onde podedes ver reflictido todo o traballo.
Mil grazas como cada ano a todo o equipo de ASPANEPS que achega aos centros e ao alumnado esta actividade tan necesaria e enriquecedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario