Hoxe, co motivo da celebración do Día Internacional da Discapacidade, os nenos de 3º e 4º leron aos máis peques o libro "Superniños".
Este álbume ilustrado pretende cambiar a forma de ver a discapacidade e lanzar unha mensaxe de respecto, integración e tolerancia hacia os nenos e nenas con diversidade funcional.
Para os maiores tiñamos previsto a visita de ASPACE, unha asociación de Parálise Cerebral, pero debido ao empeoramento da situación sanitaria tivemos que aprazalo.
Unha mágoa, pero retomarémola tan pronto se poida. Porque traballar a inclusión e o gran valor da diversidade é algo que hai que traballar todo o ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario